Conversa na Radio Piratona sobre as folgas que paralizaron Vigo no ano 1972 con Isidro Roman Lago e Victor Oia.
Presentación do proxecto agroecoloxico Agrodilar (Asociación de personas para el desarrollo de la agricutura ecologica en el pueblo de Dilar), da vila de Dilar (Granada), con breve introduccion da historia recente das hortas urbanas en Granada.
Comeza unha nova tempada de Xoubas!!!!!!!1!! A cada vez maior (en cantidade, peso e, como polo momento resulta difícil evitalo, tamén en idade) equipa do programa volve coas pilas cargadas tras un relaxado verán de raves cyberpunk, orxías mastodónticas e consumo de estupefacientes regulamentados pola Mesa de Normalización Lingüística. A parrilla desta semana inclúe: os brillantes premios Ignobel; informativo histriónico-cónico; os Contos do Sultán Qaboos, rexente de Omán e Zarramacedo; un decálogo atopado en dúas pedras nun monte; interferencias de máis aló dos Perineos; deportes deportables; superliminal e chocoliciosa publicidade; cousas sobre Condes; e mousse, emús e música! Agardámosvos os luns de 8 a 9 do serán na Kalimera.
Audio da presentación dos libros "Ejércitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN" e "Si vis pacem. Repensar el militarismo en la época de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010" a cargo de dous membros de Bardo Ediciones organizada polo Espazo Aberto Antimilitar o pasado mártes 17 de maio no CS A Cova dos Ratos de Vigo.
Entrevista no contrainformativo da Radio Piratona a un dxs portavoces de #acampadavigo, membro de democraciarealya.
Na mesa redonda participaron: Eduardo Romero do Colectivo Cambalache (Asturies) que presentou o seu libro Un deseo apasionado de trabajo mas barato y servicial. Migraciones, fronteras y capitalismo, Mari Fidalgo do Foro da Inmigración (Compostela) e Diego Lores da Oficina de Dereitos Sociais - Coia (Vigo). Organizada polo Foro da Inmigracion, o Grupo de Axitacion Social e a Oficina de Dereitos Sociais do barrio de Coia o 10 de maio no CS A Cova dos Ratos de Vigo.
Clausura do Curso de Formación do Profesorado "Nuevas tendencias del pensamiento contemporáneo II", de Proxecto Derriba, celebrado os días 8 e 9 de abril de 2011 no Pazo da Cultura de Pontevedra. A conferencia de clausura leva por nome "G. Deleuze: una filosofía del acontecimiento", e vai ao cargo de Abraham Rubín.
Quinta ponencia do Curso de Formación do Profesorado "Nuevas tendencias do pensamento contemporáneo II", de Proxecto Derriba, clebrado os días 8 e 9 de abril de 2011 no Pazo da cultura de Pontevedra. A ponencia leva por título "A xestión da anormalidade. As formas reticulares do poder na obra de M. Foucault", a cargo de Diego Lubián.
Cuarta ponencia do Curso de Formacion do Profesorado "Nuevas tendencias do pensamento contemporáneo II", de Proxecto Derriba, celebrado os días 8 e 9 de abril de 2011 no Pazo da cultura de Pontevedra. A ponencia leva por título "Introdución a J. Lacan. A psicanálise desde o Imaxinario ao Real pasando polo Simbólico", a cargo de Francisco Conde.
Terceira ponencia do Curso de Formacion do Profesorado "Nuevas tendencias del pensamiento contemporaneo II", de Proxecto Derriba, celebrado os dias 8 e 9 de abril de 2011 no Pazo da cultura de Pontevedra. A ponencia chamase "D. Bensaid: cambiando o mundo", a cargo de Brais Gonzalez Arribas.

